La búsqueda

Nestes tempos de telebasura nos que parece que Telecirco mete man a Cuatro, anque eles digan que non, xurde un programa ao puro estilo PL91 (Paco Lobatón – ‘Quién sabe dónde’). La búsqueda ofreceu a semana pasada un percorrido polas rúas de Vigo e Pontevedra na procura de “Manuel Esperón Negrín” por parte dun familiar que reside en Canarias.
Anque parece que o presidente de Telefónica non está de acordo, esta hora de programa arranxábase con escribir o seu nome en Google e conseguir enderezo e dni dende os arquivos pdf indexados do boletín oficial da provincia. ¡Vaia perda de tempo!. ¡Ver para crer!.
Aforrando recursos. Máis sitio na tele para a esteban.

Á cara, decídemo á cara

Hoxe escríbese moito sobre as bases do novo decreto do plurilingismo. Para mín, das máis acertadas palabras que lín están en ‘La voz de Galicia’, neste artigo.

Estamos abrindo, entre todos, unha porta vella, unha que tiñamos pechada por que alguén a pechara. Nós ‘ao ser galegos’ non íamos abrirla. Agora xa está. Outros debates foron antes, todos o sabemos. Fálase na rúa, nas cafeterías. Opinan xubilados e pais. Isto non é malo. Xa veremos en qué da.

See you soon ;)

2 días 1 noite

Nin xacobeo, nin turismo rural, nin albergues xuvenis: se coa crise non tedes plan para as vacacións o mellor é o Sergas. Pack de dous días e unha noite, en tempada alta, ben de prezo. Preguntade, pero teñen ofertas todo o ano. O establecemento non o ides atopar en tripadvisor.com pero é limpo e de fiar.

Claro que ten uns cantos ‘peros’ que non van facer da vosa estancia ‘que te sintas como na casa’.
Esta é unha escapada pouco tradicional, absterse turistas de medio pelo, na que non se persegue o pracer da visita senón que a ledicia virá despois ao estar vivo e na túa casiña despois da experiencia.
Dende a chegada téntase minarche a dignidade, anulala, poñéndoche unha bata que te deixa co cú ao aire -sen metáforas- e meténdote nun cuarto de 12 metros con outros 2 enfermos e os seus acompañantes.
- Epicondialxia?
- Sí, cóbado de tenista, por qué teño que estar sen calzóns?

Ao escoitar as historias de outros e o ambiente creado polo ir e vir de enfermeiras e auxiliares pinchando veas e dando ordes vaiche entrando o medo no corpo. Palabras coma quirófano, lanceta, nolotil e todas aquelas que rematan en -alxia ou -ite fan o resto.

Algún berro polos corredores que fai silencio. Só se oe a un grupo de quince xitanos que ocupan a sala de espera. Por agora non hai problema.

Logo chega a i-n-t-e-r-v-e-n-ci-ó-n que no contexto que sexa sempre e mala cousa. Anestesia e despertares.
E ven a noite… longa noite… enfermos nos camastros, acompañantes roncando nunha butaca das que rescataron de ‘Cuéntame’. Sobre as catro da mañá, despois dun par de entradas (ou debería dicir ataques), das forzas vivas que controlan a zona, xa estás desexando que se faga de día. Ás seis e pico das unha cabezada pero ás sete veñen ver se estás vivo disimulando cun termómetro. Por qué non deixan durmir algo? Desagradecido, alégrate de que ainda respiras.

Xa amañeceu. Hoxe xa chen dan o almorzo, acabou a folga de fame. Empezan a retirar tubos e vendas.
Tranquilo, nunhas horas xa estarás de vacacións. A disfrutar!!

Pontevedra

Parece que vai nevar pero mentres tanto póño unhas fotos vellas (que non bellas) nunha galería antiga.

Sabina en Vigo

O 24 de novembro ven Deus a Vigo. Os que nunca o viron non teñen excusa. Os que xa o disfrutaron tampouco. Se queredes repasar as letras e estar ao tanto dos concertos e da súa palabra tedes a web www.joaquinsabina.net

Sabina en Pontevedra (2007)

Como somos galegos e séguenos a gustar que “Se morro en Santa María de Abaixo, que me enterren en Santa María de Arriba e se morro en Santa María de Arriba…” as entradas véndeas Caixa Galicia. As entradas para os concertos de A Coruña pasan por Caixanova e as dos de Vigo por CaixaGalicia. Ok. Pelexando ata que casen.

Mostra fotográfica “Wildlife Photographer of the Year 2009″

Ata o 25 de Outubro podedes ver no Centro cultural de Caixanova en Pontevedra as impresionantes fotografías que este ano resultaron elexidas finalistas nas diferentes 17 categorías que ten este prestixioso concurso.
Non vos perdades esta impresionante exposición que ten en cada edición máis de trinta mil inscritos (menudo negocio, 25£ para os maiores de 18 anos) e que vos deixara coa boca aberta ainda que non sexades amantes das fotos.
E para mostra un botón…
Safari Central
Excepcional Miguel Lasa

Gañador da liga BBVA 2009-2010

Dicía un investigador sobre a situación en España da súa situación laboral que o coeficiente intelectual dos países podía medirse pola cantidade de cartos que gastaban en fichaxes de futbol en comparación coa que gastan en investigación. Así nos luce o pelo: inversións en señoritos que dan patadas a un coiro inflado.
E revisando os orzamentos dos máis gastadores xa vos podo anticipar os primeiros postos da clasificación para a fin desta tempada:
Real Madrid 420 (252 en fichaxes)
Barcelona 405 (87,5)
Sevilla 120 (26)
Villareal 72,3 (18,4)
Atlético de Madrid 130 (8,2)

Só vos queda engadir as variable ‘pera’, ‘equipo revelación’ e ‘desilusión’ (so influen o 8%) a este algoritmo de colocación e premer Return. A emoción está asegurada!!

Rapa 2009

A excelente iniciativa do Concello da Estrada, en colaboración coa Consellería, de facer un concurso de fotografía sobre a festa da Rapa de Sabucedo ve os seus froitos medrar en cada edición que pasa. Desta vez fomos máis de 70 acreditados pero só un premio que foi para Alfonso Durán. Dende aquí a maís sinceira noraboa.

E esperando pola exposición que se fará a finais de ano, póñovos aquí (agora xa podo) a miña seleción de seis fotos agardando que vos gusten e dándovos de novo as grazas pola axuda. Por se alguén pregunta, escollín LOITO como título por ser significativa a polisemia desta palabra no contexto desta edición.

pincha para ver

‘El madrid entrena con normalidad’

Pois si, a TVG desenténdese de Pontevedra e da copa de europa de triathlon porque ten moito mellores cousas que poñer, por ex. a festa do salmón da Estrada.
Onde haxa unha festa gastronómica que se quite o deporte. ¿Para que queremos tantas canles, tvg2, se non as usan para poñer eventos en directo?
Os diarios ‘deportivos’ tampouco se lucen. En fin….

pincha para ver

J. Gómez na penúltima volta. - Click na foto para ver a galería completa -

O certo é que unha multitude, para o día que estaba, agradeceu a todos os participantes na proba a súa entrega e en especial a Javier Gómez Noya que nos fixo crer que era posible gañar sin estar ao cento por cento.

Parapetados

Xa pasou, tranquilos!!

Sobrevivimos un ano máis ás avoas que nos asaltan ao ir ao traballo e os crios que nos atracan á volta. Son uns días horribles, as baixas contanse por centos e están marcadas xunto o corazón. Coma se fora un paintball.
¿Non estará penado ameazar a alguén a punta de peto?
Eu salveime do DOMUND 2008, vou facer unha camiseta.